Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

"Lunática", a nova lectura na sala Tinta e equidade

A obra Lunática, de Andrea Momoitio, do 9 de xuño ao 27 de xuño, é a nova lectura na sala virtual Tinta e equidade.

Comezamos a nova lectura na sala "Tinta e equidade" do club dixital de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Lembrámosche os datos desta actividade:

  • "Lunática", de Andrea Momoitio
  • Moderado por Maitane Vicente Mariño
  • Do 9 ao 27 de xuño
  • Accede premendo aquí

Sobre a obra

En 1977, o cadáver de María Isabel Gutiérrez Velasco aparece calcinado nunha cela da prisión de Basauri (Biscaia). As súas compañeiras non creron a versión oficial e eses días declararon unha folga de prostitutas en Bilbao. Da man doutros colectivos políticos, organizaron manifestacións e peches para esixir a amnistía das e dos presos sociais e a derrogación de leis franquistas que afectaban especialmente á chusma.

Pero quen era María Isabel? A xornalista Andrea Momoitio, cofundadora da revista Pikara Magazine, emprende en Lunática unha procura orixinalísima, apaixonada, a intres caótica, rueira, marxinal, intuitiva, detectivesca, desesperada e torrencial. Un cru e tenro retrato das marxes da sociedade, e unha denuncia aceda e sistemática dos mecanismos de represión.

---

Preme para máis información sobre a sala Tinta e equidade

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X