Píldora Seguridade en videoconferencias
Boas prácticas en seguridade da información
A videoconferencia tornouse indispensable para comunicarse con compañeiros e provedores, pero debemos protexer a privacidade e a integridade da información durante estas sesións.
As reunións sen medidas de seguridade poden ser espiadas, gravadas ou mesmo manipuladas por persoas non autorizadas.
Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal
¿Como protexer as túas videochamadas?
Recomendacións para protexer a información durante as túas reunións virtuais:
- Organiza as túas reunións só en plataformas autorizadas.
- Asegúrate de que só participen os asistentes invitados ou esperados.
- Evite gravar reunións a non ser que sexa estritamente necesario e co consentimento de todos os participantes.
- Mantén o micrófono apagado cando non fales, especialmente se estás nun ambiente onde se está a falar de información confidencial.
- Usa auriculares para evitar que outras persoas escoiten o contido da reunión, especialmente nos espazos compartidos.
- Revisa o que tes na pantalla antes de compartila: poderías mostrar información sensible sen darche conta.
- Activa as opcións de seguridade dispoñibles: contrasinal de acceso, sala de espera, control de permisos, etc.
- Ten presente que existen técnicas como os deepfakes, que permiten suplantar visual e vocalmente a unha persoa. Se notas comportamentos estraños, xestos forzados ou mensaxes fóra de lugar, verifica a identidade desa persoa por unha canle alternativa.