Estás en:Emprego

A Deputación presenta no Colexio de Arquitectos un libro de banda deseñada sobre o mosteiro de Caaveiro

A obra "Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume" repasa a historia deste emblemático edificio ao longo das diferentes épocas, estruturando a evolución nas catro estacións do ano

O deputado de patrimonio, Xosé Penas, acudiu á presentación, onde destacou que é "moito máis que un comic, pois converteuse nun libro, unha guia, unha insignia do noso pasado, presente e futuro. Percorre a histoira do mosteiro, pero tamén a das persoas, e en definitiva a deste país, dende os eremitas iniciais, pasando polo noso Reino de Galiza ata o traballo de Don Pio e o rescate por parte da Deputación para crear , como digo eu moitas veces, xunto con Dombate e o Castelo de Vimianzo ese triangulo máxico do patrimonio provincial"

A Deputación presenta no Colexio de Arquitectos un libro de banda deseñada sobre o mosteiro de Caaveiro

A Deputación da Coruña presentou onte na Delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) o libro de banda deseñada "Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume" nun acto celebrado na sede do COAG Coruña. O evento contou coa participación dos autores da obra, Delio Rodríguez Ces, Ismael Blanco Bouza e Lois Gómez Souto, e tamén de expertos que fixeron posible a rehabilitación do mosteiro e o seu actual proceso de musealización: Celestino García Braña, Isabel Aguirre Urcola e Ángel L. Alonso Méndez.

Á presentación asistiu o deputado de patrimonio, Xosé Penas, o xefe do Servizo de Arquitectura e Mantemento da Deputación, a presidenta do COAG Coruña, Ruth Varela, e o arquitecto Alfredo González Prieto. Penas sinalou durante a súa intervención que é "máis que un cómic, converteuse nun libro, unha guía, unha insignia do traballo feito, da historia feita e do traballo por vir. O cómic percorre a historia do mosteiro, pero tamén percorre a historia das persoas, a historia en definitiva deste país, dende os eremitas iniciais, pasando polo noso Reino de Galiza ata o traballo de Don Pío e o rescate por parte da Deputación para crear , como digo eu moitas veces, xunto con Dombate e o Castelo de Vimianzo ese triangulo máxico do patrimonio provincial".

A publicación, editada polo organismo provincial, é un traballo de divulgación histórica que sintetiza a evolución do mosteiro de Caaveiro ao longo das diferentes épocas e estacións do ano. A través dun enfoque único, que utiliza a banda deseñada como ferramenta para achegar a historia e a arquitectura ao público, o libro ofrece unha visión do monumento desde diferentes perspectivas, integrando elementos de historia, arte, natureza e paisaxe. A narración estrutura a súa evolución en catro estacións: primavera, verán, outono e inverno, facendo unha metáfora da súa transformación ao longo do tempo.

O mosteiro, que conserva partes da súa igrexa románica e da súa torre barroca, é un monumento que se mantén atemporal, coas pegadas das distintas épocas da historia da arquitectura. Ao longo da súa historia, o mosteiro de Caaveiro foi visitado por numerosos historiadores, escritores, pintores e fotógrafos, e o libro ofrece unha nova mirada a este monumento tan emblemático, para entendelo tamén como parte da paisaxe natural e cultural das Fragas do Eume.

A Deputación da Coruña, que desde 2002 se encargou da rehabilitación e conservación do mosteiro, culmina agora este proceso coa súa musealización, integrando o mosteiro no contexto das Fragas do Eume e na súa relevancia como institución socioeconómica no antigo Reino de Galicia. O libro conta tamén cunha introdución que nos transporta á historia do mosteiro a través dunha das festividades máis emblemáticas de Galicia, a romaría de San Xoán Bautista, que dá nome ao mosteiro medieval.

Os asistentes ao acto tiveron a oportunidade de recibir un exemplar do libro, un agasallo que complementa a súa divulgación do patrimonio cultural galego, e que servirá para achegar a historia do mosteiro tanto ao público infantil como adulto.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X