Estás en:Emprego

Exposición pública da matrícula do IAE - Exercicio 2025

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Tesourería e Xestión de Tributos. Servizo de Xestión Tributaria

Anuncio da exposición pública da matrícula do IAE - Exercicio 2025
A Axencia Estatal de Administración Tributaria puxo ao dispor da Deputación Provincial da Coruña a matrícula do imposto sobre actividades económicas do exercicio 2025.
Esta matrícula está constituída polos censos comprensivos dos suxeitos pasivos non exentos do imposto e que exercen as súas actividades económicas nos seguintes concellos: Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.
a matrícula do imposto ponse a disposición do público nos devanditos concellos dende o día 14 ao 28 de maio de 2025.
As consultas da matrícula na Deputación realizaranse por medio de correo electrónico dirixido a iae@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 981 080 049.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X