Estás en:Emprego

A Deputación inviste máis de 720.000€ nas Somozas a través do Plan Único neste 2025

O municipio recibiu a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que estivo acompañada do alcalde, Juan Alonso Tembrás e parte da corporación municipal

A deputada salientou a importancia do Plan Único "especialmente para os concellos máis pequenos como este" xa que supón "a principal ferramenta de financiamento local" destinando, en total, 116 millóns de euros para os 93 concellos da provincia

A Deputación inviste máis de 720.000€ nas Somozas a través do Plan Único neste 2025

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitou As Somozas para abordar os investimentos da Deputación no concello, que este ano chegaron aos 724.569,07€ entre a fase inicial e a adicional. O alcalde, Juan Alonso Tembrás, e parte da corporación municipal acompañaron á titular provincial, que visitou varias obras executadas e en execución cos fondos do Plan Único.

A deputada salientou a importancia do Plan Único "especialmente para os concellos máis pequenos como este, con excesivas e impropias competencias municipais, que dificilmente poden afrontar". Neste sentido, Cristina García sinalou que o Plan Único, que este ano destinou 125 millóns de euros aos 93 concellos da provincia, "é agora mesmo a principal ferramenta de financiamento local".

"Para min, como deputada do Plan, é un orgullo ver como posibilita obras e servizos que melloran o benestar e a vida da veciñanza, como neste caso das Somozas, que poderá contar con sendas peonís, e un mellor saneamento, entre moitos outros. E é que esa é, en esencia, a finalidade desta ferramenta que, ademais, fomenta a total autonomía municipal xa que son os propios gobernos locais os que deciden como van investir os fondos".

Ademais, tal e como expuxo a deputada, o Plan Único "é tamén un importante impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medianas empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Deste xeito, ademais de asegurar a execución de obras necesarias, tamén se fortalece o tecido empresarial local, xéranse oportunidades de emprego e contribúese a fixar poboación".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X