Estás en:Emprego

O alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación levará ao público de viaxe pola Ruta da Seda na súa gala de fin de curso

A actuación celebrarase os días 18 e 19 de xuño, ás 20:30 horas no Teatro Colón da cidade da Coruña

O alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación levará ao público de viaxe pola Ruta da Seda na súa gala de fin de curso

O Conservatorio Provincial de Danza da Deputación da Coruña celebrará a súa gala de fin de curso os días 18 e 19 de xuño ás 20:30 horas no Teatro Colón. Esta cita anual é unha das máis esperadas polo alumnado e o público, pois supón o peche dun intenso ano de aprendizaxe, creación e ensaio.

Baixo o título Sericum, o espectáculo deste ano propón unha viaxe máxica inspirada na antiga Ruta da Seda, ese fío invisible que conectou culturas e territorios afastados durante séculos. A través da danza, as persoas asistentes serán transportadas por escenarios míticos e reais, descubrindo reinos de ouro, oasis sagrados, princesas, guerreiros e caravanas de mercadores, todo envolto nunha coidada posta en escena que destaca pola súa riqueza visual e musical.

A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que a gala representa "non só unha mostra do talento e do esforzo do alumnado, senón tamén unha oportunidade para achegar a danza ao público coruñés desde unha mirada artística e pedagóxica".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X