Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña participou na Festa das Familias de Aspronaga en Oleiros

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou o labor fundamental que desenvolven entidades como Aspronaga

A Deputación da Coruña participou na Festa das Familias de Aspronaga en Oleiros

A deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, participou hoxe na Festa das Familias organizada por Aspronaga no seu centro de Lamastelle, no concello de Oleiros. Un encontro que reuniu a centos de persoas usuarias, familias, profesionais e representantes institucionais nunha xornada de convivencia que pon en valor o papel das entidades sociais no impulso a unha sociedade máis inclusiva.

Durante o acto, Mar García destacou o traballo que desenvolve Aspronaga dende hai décadas a prol das persoas con discapacidade intelectual, e incidiu no compromiso que a Deputación da Coruña mantén no apoio a entidades sociais que promoven a igualdade de oportunidades, a autonomía e a inserción laboral das persoas con diversidade funcional.

Mar García Vidal agradeceu o labor do persoal técnico e voluntario da entidade e o exemplo das familias "que loitan por un futuro máis inclusivo e por unha sociedade mellor"

A Festa das Familias é xa unha cita consolidada no calendario de Aspronaga, que serve tamén para visibilizar os avances e desafíos no ámbito da atención á discapacidade e para reforzar os vínculos entre a comunidade educativa e asistencial da entidade.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X