Estás en:Emprego
Notas para unha edición coruñesa

Demo editorial (2008- actualidade)

Cada semana destacamos unha das obras da mostra bibliográfica "Notas para unha edición coruñesa: arredor de 180 anos de edición na provincia". Unha selección de obras de editoras da provincia publicadas dende o ano da fundación da biblioteca ata a actualidade.

Demo editorial (2008- actualidade)

O cambio de milenio tráenos ao panorama editorial coruñés, entre outras cousas, novas editoras especializadas. Editoriais que traballan un determinado tipo de formato de publicación, sinal dunha maior profesionalización dos sector.

Un exemplo do que dicimos é Demo editorial, que nace no 2008 da man do autor Manel Cráneo: unha editora adicada á publicación de banda deseñada galega, e que da a coñecer novas autorías á vez que potencia a outras xa mais coñecidas.

Demo editorial ademais é responsable de iniciativas dirixidas a impulsar o sector do cómic, como por exemplo o proxecto, xunto ao concello da Coruña, de Coruña Gráfica.

Sálpock e o val dos cegos, de Álvaro López e Luis Sendón, públicase no 2012 na colección Häinös, a cal está especializada no xénero fantástico e na ciencia ficción. Esta obra é o primeiro capítulo dunha serie que nos leva ao mundo imaxinario de Zakfart.

No 2011 Demos recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X