Estás en:Emprego

Apertura do prazo de solicitude das accións formativas contidas na 2ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación Provincial da Coruña.

Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación Provincial da Coruña: solicitude de accións formativas da segunda convocatoria.

Apertura do prazo de solicitude das accións formativas contidas na 2ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación Provincial da Coruña.

ATENCIÓN:

A Sección de Formación da Deputación Provincial da Coruña abre un novo prazo para poder solicitar as accións formativas da segunda convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2025 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan. 

O prazo de presentación de solicitudes desta nova convocatoria estará aberto ata o próximo mércores 6 de agosto de 2025 ás 23:59 horas.

Para poder participara no curso de "Linguaxe Administrativa Galega. Nivel Medio. En liña" (CD 25.042) é preciso ter aprobado ou validado algún dos seguintes cursos: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega ou curso básico de linguaxe administrativa galega.

E con relación ao curso de "Linguaxe Administrativa Galega. Nivel Superior. En liña" (CD 25.043) é preciso ter aprobado ou validado algún dos seguintes cursos: curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.

Igualmente, será un requisito imprescindible para poder participar nas accións formativas do Plan de Formación Agrupado da Deputación Provincial da Coruña do ano 2025, tal e como se recolle nas bases da convocatoria do dito Plan, as persoas de entidades diferentes á Deputación da Coruña que non sexan funcionarias / os de carreira ou laborais fixas / os, deberán atoparse de alta na entidade local correspondente o día de comenzo de cada acción formativa. En caso contrario, non terán dereito a obter o diploma acreditativo.

A continuación achegamos os seguintes enlaces de interese:

  • Cadro das accións formativas / cursos de formación que se van a realizar na segunda convocatoria do PFA DC 2025:

https://pel.gal/formacion/fi/informacion-das-accions-formativas-do-plan-formacion-agrupado-2025-segunda-convocatoria/#/

  • Forma e prazo de presentación de solicitudes de participación:

As solicitudes deberán presentarse no espazo habilitado a tal efecto na plataforma SUBTel no menú de Persoal no apartado de Solicitudes, no seguinte enderezo electrónico, nos módulos/apartados do menú que se indican:

https://sede.dacoruna.gal/subtel/gestion/menu

https://sede.dacoruna.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudesPlanFormacion 

  • Documentación adicional:

Formulario editable

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X