Goza do verán con lecturas para desconectar e cargar enerxía!
Na eBiblioDaCoruna, a Biblioteca Dixital da Deputación da Coruña, tes máis títulos para un verán cheo de literatura e coñecemento.
Goza do verán con lecturas para desconectar!

Convidámoste a descubrir as lecturas que che farán desconectar e recargar enerxías.
Seleccionamos especialmente para ti unha colección de obras para acompañar os teus momentos de descanso. Así pois, atoparás moita literatura, pero a escolla tamén inclúe libros informativos ou de coñecemento.
Se buscas un refuxio refrescante para este verán, mergúllate na lectura coa eBiblioDaCoruna, e goza dunha escolma chea de enerxía para o lecer estival. Accede aos contidos que che farán cargar as pilas!
Darme de alta na eBiblio
eBiblioDaCoruna é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.
Está dispoñible a través de calquera navegador web, e tamén a través da app eBiblioDaCoruna dispoñible para Android, iOS e Huawei.
Para poder utilizar a biblioteca dixital eBiblioDaCoruna só é preciso:
- Ser usuaria/o de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña.
- Dispor dun enderezo electrónico.
- Ter un ou máis dispositivos para ler (ordenador persoal, teléfono móbil, tableta ou lector de libro electrónico)
No seguinte enlace atoparás toda a información sobre a Biblioteca dixital e o seu funcionamento:
https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/