Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña abre o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de Medio Ambiente e Protección Animal

A Deputación da Coruña abre o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de Medio Ambiente e Protección Animal

A Deputación da Coruña mantén aberto ata o vindeiro 12 de setembro o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de Medio Ambiente e Protección Animal, que se impartirán durante o último trimestre deste ano. As actividades están dirixidas a persoas maiores de idade con domicilio na provincia da Coruña, e ao rematar cada curso emitirase o correspondente certificado de participación.

A oferta formativa inclúe tres propostas centradas na protección da fauna, o benestar animal e a sustentabilidade:

• "Medo en cans acollidos en protectoras". Cun total de 40 prazas, este curso terá preferencia para persoas que traballen ou colaboren con entidades protectoras de animais. Impartirase de forma presencial na Coruña os días 18 e 19 de outubro.

• "Técnicas de seguimento de fauna silvestre". Tamén con 40 prazas dispoñibles, está especialmente orientado a persoas vinculadas con entidades ambientais. Desenvolverase na Coruña os días 8, 15 e 22 de novembro, e incluirá unha xornada práctica no campo.

• "Iniciación á agroecoloxía. Deseño e manexo de hortos de autoconsumo". Cun enfoque práctico e accesible, este curso ofrecerá 50 prazas e impartirase en modalidade en liña entre o 3 de novembro e o 5 de decembro.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web de Medio Ambiente da Deputación: www.dacoruna.gal/medioambiente

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X