Estás en:Emprego
A Biblioteca na provincia

Préstamo de materiais para Clubs de lectura nas Bibliotecas da Provincia

No outono póñense en marcha a maioría dos Clubs de lectura. Dende a Biblioteca da Deputación queremos contribuír a que se desenvolvan estas actividades en todos os concellos.

Por iso poñemos ao dispor das Bibliotecas da Provincia, as obras das que dispoñemos, para que non quede un recuncho do territorio sen Club Lector!

Préstamo de materiais para Clubs de lectura nas Bibliotecas da Provincia

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña sabemos o difícil que é contar co número de exemplares necesarios para un Club de Lectura. Por iso ofrecémosche a nosa colección.

Libros en papel

Contamos cunha colección, tanto de grandes clásicos, como obras contemporáneas que poñemos a disposición das Bibliotecas e as Axencias de Lectura da Provincia da Coruña para que poidades usalas nos vosos Clubs de Lectura.

Se es a/o responsable dun destes centros ou levas un club de lectura e queres saber como solicitalos, invitámoste a seguir lendo...

Preciso algún carné para solicitar o préstamo dos libros?

Para facer este préstamo colectivo é preciso que teñas o Carné de entidade, que che permite dispor de ata 100 títulos durante 45 días. Se non o tes podes solicitalo en liña.

Solicitude de Carné de entidade

Como podo solicitar as obras?

Para solicitar os exemplares, tes que enviar un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal indicando a obra desexada, o número de exemplares que precisas e a información de contacto para realizar o envío.

Canto tempo podo ter as obras en préstamo?

O prazo de préstamo é de un mes e medio, comezando a contar dende o día que se faga efectivo na Biblioteca Provincial da Coruña e rematando cando sexan recibidos nela (pódese ampliar en caso de que se precise).

Envíos e devolucións

Os custos de envío dos exemplares correrán a cargo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, mentres que os de devolución, serán asumidos polo Centro solicitante.

Títulos dispoñibles: Libros para clubs de lectura da provincia da Coruña.pdf

Se tes algunha dúbida, chama ao 981 415 176, ou envíanos un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal.

Libros dixitais

Como biblioteca municipal da provincia da Coruña, podes solicitar a biblioteca da Deputación os títulos para o teu club de lectura tamén en dixital. Se non tes suficientes libros físicos, ou queres fomentar a lectura en dixital, podes solicitarnos os libros que necesites tamén en dixital.

Como podo solicitar as obras?

A biblioteca municipal ten que solicitar as obras que desexa para o club , indicar a data de inicio e  fin e o número de exemplares que se precisan.

Preciso algún carné para solicitar o préstamo dos libros?

As persoas usuarias do club de lectura teñen que estar dadas de alta na plataforma dixital Ebibliodacoruna. . Tamén se precisa dispor dalgún dispositivo de lectura de libros electrónicos, xa sexa un pc, unha tablet ou un smartphone.

Alta na plataforma dixital

Canto tempo podo ter as obras en préstamo?

O tempo de préstamo axustarase á duración do club.

Devolucións

Pódense devolver dende o dispositivo, ou, unha vez que caduque o préstamo, devólvese automaticamente.

Incorporacións ao fondo de Libros para Clubs de lectura

No caso de que unha obra (sexa en papel ou dixital), non existise actualmente no noso catálogo, poden solicitarnos a súa adquisición, e trataremos de conseguila.

Consulta aquí a información completa sobre o Servizo

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X