Entrega de premios do concurso de relatos pola Provincia HoxeEscriboEn 2025
Xa temos os 3 relatos gañadores desta edición. Parabéns aos gañadores a grazas aos 104 traballos presentados nesta edición.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 26 de setembro ás 13.00 h. na Biblioteca Provincial, nun acto presidido polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira
O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.
PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 42. Título: O fío do tempo, do que é autor Xosé María López Fernández, referido ao Concello de Monfero.
Relato gañador do Primerio premio: O fío do tempo. Primeiro Premio do Concurso HoxeEscriboEn 2025.pdf
SEGUNDO PREMIO: Nº13 Título: A tardiña de San Xoán, do que é autor Francisco Ascón Belver, referido ao Concello de Fisterra.
RELATO gañador do 2º premio do HoxeEscriboEn 2025 A tardiña de San Xoán. Relato gañador do 2º premio do Concurso HoxeEscriboEn 2025.pdf
TERCEIRO PREMIO: Nº 45 Título: Onde está Velázquez?, do que é autora Raquel Martínez Rodríguez, referido ao Concello de Ferrol.
RELATO gañador do 2º premio do HoxeEscriboEn 2025 : Onde está Velázquez. Relato gañador 3º premio do concurso HoxeEscriboEn 2025.pdf
Nos vindeiros días anunciaremos os gañadores dos lotes de produtos que serán recollidos na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña a partir do 29 de setembro de 2025



