Estás en:Emprego

EE.LL.: Axudas ao financiamento das actividades 2026: limpeza de praias marítimas; socorrismo; arte pública urbana; adquisición de vehículos para o desprazamento de persoal de servizo social; envellecemento activo e loita contra a soidade non desexada...

Deputación Provincial da Coruña

Extracto da Resolución número 46691, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2026. (FOEAC/2026)
BDNS(Identif.): 862274

Extracto da Resolución número 46681, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2026. (MA100/2026)
BDNS(Identif.): 862196

Extracto da Resolución número 46699, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2026. (FO207/2026)
BDNS(Identif.): 862177

Extracto da Resolución número 46838, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións dirixido a concellos da provincia da Coruña para socorrismo durante o exercicio 2026 (FO023B/2026)
BDNS (Identif.): 862163

Extracto da Resolución número 46839, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA REALIZAR EVENTOS DE ARTE PÚBLICA URBANA NA MODALIDADE DE PINTURA MURAL DURANTE O ANO 2026. (DP0040/2026)
BDNS (Identif.): 862218

Extracto da Resolución número 46692, do 9 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a adquisición de vehículos para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios. (FOICV/2026)
BDNS(Identif.): 862303

Extracto da Resolución número 47244, do 14 de outubro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións para realizar actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. (DP0045/2026)
BDNS(Identif.): 862471

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X