Estás en:Emprego

A Deputación licita o reforzo do pavimento de máis de 4 quilómetros do firme da estrada DP-4604 entre Toques e Sobrado

As empresas interesadas teñen ata o 17 de novembro para presentar as súas ofertas para executar estes traballos, que están orzados en 337.853,08 euros.

O obxectivo é mellorar as condicións de seguridade e ofrecer unha maior comodidade aos usuarios que empregan a vía de maneira habitual.

A Deputación licita o reforzo do pavimento de máis de 4 quilómetros do firme da estrada DP-4604 entre Toques e Sobrado

A Deputación saca a concurso público as obras de mellora do pavimento da estrada provincial DP-4606, nun tramo de 4,45 quilómetros que atravesa os termos municipais de Toques e Sobrado. A actuación desenvolverase concretamente entre os puntos quilométricos 12 e 16,45, un treito moi transitado que serve de conexión entre diversas parroquias da zona e outras vías provinciais.

O investimento previsto ascende a 337.853,08 euros, e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 17 de novembro. Os traballos consistirán fundamentalmente na reparación do firme, actualmente deteriorado debido á acción dos factores climáticos e ao tráfico diario que soporta a vía.

A intervención incluirá saneos localizados da capa superficial para eliminar as zonas máis danadas, así como a aplicación dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, que permitirá mellorar a adherencia e prolongar a vida útil da estrada. Xunto a isto, tamén se acometerá a renovación integral da sinalización vertical e horizontal, garantindo unha mellor visibilidade e seguridade viaria.

O prazo de execución das obras será de tres meses desde a súa adxudicación. O departamento de Vías e Obras da Deputación destaca que esta actuación enmárcase no seu plan de conservación e modernización da rede viaria provincial, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación, incrementar a seguridade viaria e ofrecer unha maior comodidade aos usuarios que empregan esta estrada de maneira habitual.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X