Mostra bibliográfica: "Castelao, sempre con nós"
Estreamos mostra bibliográfica na Biblioteca Provincial da Deputacion da Coruña.
A xeito de agarimosa homenaxe, poñémoslle o ramo ao #AnoCastelao, cunha escolla de obras que destacan o compromiso social e político dunha das figuras cimeiras da nosa cultura.
Non deixedes de visitala na entrada da Biblioteca en horario de apertura, atoparedes obras únicas...
Achégate á Biblioteca Provincial e goza dalgunha das xoias do noso fondo patrimonial.
Obras con máis dun século, exemplares asinados por Castelao, Cabanillas, Luís Seoane... publicacións de pequenísima tirada e primeiras edicións dalgunhas da meirandes obras da nosa cultura.
Desde as 8:30 da mañá, e ata as 20:30 h da tarde, podes visitar esta escolla que procura poñer en relevo o compromiso social e político do noso "Guieiro".
Ademáis de reflectir o contexto histórico de Castelao, nas diferentes vitrinas repasamos algunhas das súas achegas ao campo da arte, a literatura, a etnografía e a política, sempre denunciando a inxustiza e opresión que padecían os desherdados.
Unha denuncia feita arte, que marabilla e conmove aínda hoxe.
Agardámoste na Rúa Rego de auga 37,moi preto de onte se fundara a histórica Irmandade da Fala da Coruña, para reencontrarnos co legado que,este rianxeiro universal, lle fixo ao noso pobo e á súa dignidade como tal.
