Estás en:Emprego

O PEL da Deputación impulsa o sector agrogandeiro da provincia

Formoso visitou a granxa familiar Gandería Queitano, que contou con axudas do PEL para adquirir un robot para o suministro automático de alimento ao gando e e collares que monitorizan a boa saúde das vacas

O PEL da Deputación impulsa o sector agrogandeiro da provincia

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), impulsa o sector agrogandeiro da provincia.

Nos últimos anos, centos de explotacións agrícolas e gandeiras da provincia recibiron axudas do PEL para crear novos empregos, modernizar as súas instalacións ou pagar as cotas de autónomos.

Así o explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a visita que realizou á granxa de vacún Gandería Quintano de Vilasantar, acompañado de Juan Antonio Astray e Ana Sánchez, propietarios desta explotación familiar, que lles mostraton as instalacións e as labores que nelas se realizan e conversaron sobre a situación actual e os retos de futuro do sector.

A granxa conta con 60 vacas e está continuamente ampliando e mellorando as súas instalacións, nas que con axudas do PEL da Deputación os propietarios realizaron unha importante aposta en tecnoloxía e innovación, con sistemas de control tecnolóxico individualizado dos animais que permiten coñecer e monitorizar o seu estado de saúde e detectar de forma precoz calquera enfermidade, así como animais qu están en celo, o que conleva un mellor benestar animal e un importante aforro na explotación, tanto en medicamentos como na mellora da fertilidade dos animais.

Investimento en innovación e tecnoloxía

Entre estes sistemas de automatización destaca tamén un robot arrimador de comida, adquirido cunha axuda de 17.500 euros do PEL 2025, que se despraza de forma autónoma pola granxa encargándose do suministro automático de alimento ao gando e de manter limpos os pasillos de alimentación, aforrrando centos de horas anuais de traballo que antes se facía de xeito manual.

Formoso definiu a granxa destacou a importancia das axudas do PEL para o sector primario da provincia da Coruña e a aposta pola innovación nas granxas, na busca dunha maior eficiencia produtiva.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X