Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

Cousas: Alfonso R. Castelao

Do 12 ao 22 de decembro, compartimos a lectura de Cousas, de Castelao.

Acompáñasnos?

Cousas: Alfonso R. Castelao

Nova lectura no club dixital eBiblioDaCoruna‼

Ademais da exposición que engalana a nosa biblioteca estes meses, a sala de lectura dixital de libros en galego rende homenaxe a Castelao, cunha programación centrada na súa figura e a súa obra;

anota:

Cousas

Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.

Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única. Editorial Galaxia incorpora esta nova edición á Biblioteca Castelao ilustrada con obras do propio autor.

Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia.

A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica.

Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural, e este ano 2025 foi declarado Ano Castelao.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X