Estás en:Emprego

Santiago(é)Tapas abre unha nova edición en que a Deputación apela a celebrar a creatividade culinaria da cidade

A deputada de Cultura, Natividade González, representou a institución provincial na presentación do evento

"Tapear é exercicio de liberdade: liberdade para escoller sabores, para decidir o ritmo e para compartir momentos", sinalou González

Santiago(é)Tapas abre unha nova edición en que a Deputación apela a celebrar a creatividade culinaria da cidade

Presentación da edición 2026 do certame Santiago(é)Tapas

A deputada de Cultura, Natividade González, representou esta mañá a Deputación da Coruña na presentación da XVII edición de Santiago(é)Tapas, un certame organizado e promovido por Turismo de Santiago e integrado na marca Compostela Gastronómica. O acto tivo lugar no Pazo de Raxoi e nel participaron tamén a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerenta de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

Na súa intervención, a deputada salientou que "é unha satisfacción estar hoxe aquí acompañando unha nova edición de Santiago(é)Tapas, unha cita que pon en valor a riqueza gastronómica da cidade e a imaxinación dos seus establecementos".

González explicou que o tapeo ten un gran potencial culinario, social e cultural e lembrou as palabras do vicepresidente provincial e responsábel de Turismo, Xosé Regueira, ao indicar que "tapear é exercicio de liberdade: liberdade para escoller sabores, para decidir o ritmo e para compartir momentos". Subliñou que Compostela é un lugar de patrimonio, encontro e espírito aberto e que por iso este festival recolle tan ben esa esencia ao combinar creación, tradición e carácter propio arredor da mesa.

A deputada indicou que desde a área de Turismo da Deputación se apoian iniciativas como esta porque "enriquecen a vida da cidade, fortalecen o sector hostaleiro e contribúen a situar Compostela como un destino gastronómico de referencia". Agradeceu o esforzo dos locais participantes e recoñeceu o labor da organización por manter viva unha proposta que considera xa "indispensábel". Animou finalmente a saír, degustar e vivir esta nova edición do concurso.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X