Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

Conversa "Etiquetas non excluíntes: crear para representar" con Aranxa Vicens e Sayre Domínguez

O vindeiro 23 de xaneiro temos programada unha conversa en liña con Aranxa Vicens e Sayre Domínguez, na sala Páxinas de orgullo, do Club virtual da Biblioteca Provincial.

Ás 17 h na eBiblioDaCoruna a través do enlace: https://meet.google.com/yip-qhqe-bqk

O evento estará moderado pola "resitadora e correctore editorial" Nuria Vil, guía do Club especializado en lecturas LGTBiQ+

Conversa

Etiquetas non excluíntes: crear para representar

Nesta conversa compartiremos tempo con Sayre Domínguez e Aranxa Vicens. O ano pasado abrimos este club de lectura coa antoloxía Construímos la casa que habitamos (coordinada por Sayre Domínguez e Damián Pacheco) na que tivemos a oportunidade de ler un texto de Aranxa Vicens. A obra ofrécenos unha compilación de escritos e ilustracións creados por persoas trans non binarias, trans, racializadas e migras. Tanto Sayre como Aranxa teñen traxectorias vitais e artísticas nas que converxen diferentes disciplinas artísticas, artivismo e conciencia social. Poderemos achegarnos á súa perspectiva literaria para reflexionar sobre a complexidade das etiquetas e a importancia da representación da diversidade na escrita.

Accede aquí

Sobre as autoras participantes

Sayre Domínguez.jpg

Sayre Domínguez é dos Andes e traballa en deseño web, gráfico e editorial. A súa práctica artística céntrase na bisexualidade e nos soños como formas de coñecemento, sempre dende unha ollada decolonial. Estudou a Licenciatura en Belas Artes da UMH, onde tamén cursou o Máster en Estudos Culturais e Artes Visuais (perspectivas feministas e cuir). Conta, ademais, cunha licenza profesional en Deseño Web IU (Toulouse, Francia).
En 2025 publicou Manifiesto para un apocalipsis bi, e creou o Arquivo Bi*, un espazo dedicado á compilación de materiais teóricos e prácticos sobre bisexualidade. En 2024 formou parte de Construímos la casa que habitamos como escritora e editora.

aranxa vicens.jpeg


Aranxa Vicens
"Son migra, colleita de México, D.F. (1996), que habita o reino de españa.

Plasmo a través da vivencialidade e as tradicións orais saberes enraizados para romper coa branquitude dende a decolonialidade e o antiacademicismo.

Son un ser multidisciplinar; escribo e maqueto, corto e pego, observo e capturo, gravo e monto, e por suposto berro e xogo co silencio. No 2020 comecei a expresarme a través da escritura autoeditando o meu primeiro fanzine: Flor de Cempasúchil. Despois, no 2021 chegou Trauma. A partir destas experiencias comecei a recitar e a performar palabra falada mediante os meus textos, ata chegar ao mundo editorial, con publicacións como Alguén nos lembrará: Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Ed. Xerais), Construimos la casa que habitamos. Experiencias trans no-binarias, trans, migras y racializadas e Insubmisión ambigua (Ed. Xerais, 2025).

Son fervor de sentires, tornado de emocións, negacionista da morte da curiosidade, así a cámara é a miña ferramenta de tramas que non son guionizadas, e que se converten en contacontos, ou son mudas e mentres, na nosa mente créase o texto. Estas posibilidades creativas fusionaron as imaxes coa necesidade de reflexión, e también co subconsciente, por isto tamén comencei a experimentar coa colaxe e a fotografía.

A performance chega a miña vida como evolución de todo o que xa levaba feito, a palabra falada fusionada con diversas formas de movemento, e a creatividade sonora foron indispensables para mergullar nesta nova experiencia. O poemario sonoro, xunto con M.A. Barreira e Nuria Vil, foi a miña primeira posta en escena e estou emocionadada por seguir esta vía de experimentación.

Tamén son Editora de Contido Antirracista en PlataformaCero, formo parte do colectivo Resistencia en Terra Allea, colaboro co Foro Galego de Inmigración e participo na posta en vida da Casa Comunitaria Aluandê e a Escola Antirracista."

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X