Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

Roteiro virtual: "Esta imaxe foi palabra: adaptacións cinematográficas de obras LGBTIAQ+"

Data e hora: Venres 30 de xaneiro ás 17 h

Ligazón de acceso: https://meet.google.com/hmm-toge-dpc

Roteiro virtual:

En moitas ocasións, as películas que máis nos emocionan son adaptacións de libros que nin sequera coñecemos.

O cinema ten o poder de facer realidade o dito «unha imaxe vale máis que mil palabras»... E aínda que o refrán non sempre é certo, neste roteiro en liña faremos un percorrido por algunhas pezas que traduciron a linguaxe cinematográfica a palabra escrita.

Finais felices, infelices, adaptacións máis e menos logradas, síndrome da lesbiana morta, Test de Bechdel, Test Divine...

Nesta sesión poderemos comentar cales son os aspectos que máis gustaron das adaptación e tamén facer unha análise crítica da representación do colectivo LGTBIAQ+ na gran pantalla.

Obras literarias e películas das que falaremos:

  • Carol, de Patricia Highsmith 1952 e 1990; dirección Todd Haynes en 2015.
  • El beso de la mujer araña, Manuel Puig, 1976; dirección Héctor Babenco, 1985.
  • El color púrpura, Alice Walke, 1982; dirección Steven Spielberg en 1985.
  • Tomates verdes fritos, Frannie Flagg, 1987; dirección Jon Avnet, 1991.
  • Bajo la luz de la luna los chicos negros se ven azules, de Tarrell Alvin McCraney; dirección Moonlight (Berry Jenkins, 2017).
  • Funny Boy, Shyam Selvadurai 1994; dirección Deepa Mehta 2020.
  • The Hours (Michael Cunningham (1998)) // Mrs. Dalloway, de Virginia Woolf (1925)
  • Call me by your name (André Aciman, 2007); dirección Luca Guadagnino en 2017.
  • Brokeback Mountain: en terreno vedado de E. Annie Proulx; dirección Ang Lee en 2005.
  • I cant think straight de Sharim Sharif 2007; dirección Sharim Sharif 2007.
  • El azul es un color cálido, de Jul Maroh, 2010;dirección Abdellatif Kechiche 2013.
  • Heartstopper Alice Oseman, 2018 (tradución a galego Nee Barros); dirección Euros Lyn.
  • Otra vuelta de tuerca de Henry James, 1898; dirección Eloy de la Iglesia, 1985.
  • Disobedience de Naomi Alderman 2006, dirección Sebastián Lelio
  • The miseducation of Cameron Post (Emily M. Danforth 2012); dirección Desiree Akhavan
  • The Hours (Michael Cunningham (1998)) // Mrs. Dalloway, de Virginia Woolf (1925)
  • Fingersmith (Falsa identidad), de Sarah Waters (2002); miniserie TV dirixida por Aisling Walsh; adaptación libre a cine dirixida por Park Chan-wook 2016.
  • The world unseen, Sharim Sarif, 2001; dirixida por Sharim Sarif 2007
  • Cobalt Blue, Sachin Kundalkar 2013; dirixida por Sachin Kundalkar 2022.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X