Obradoiro "Ramas Literarias" en Paderne e Cedeira
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.
Neste mes achegámonos ao Barqueiro e Ortigueira para levar a cabo o Obradoiro "Ramas Literarias"
Agardámosvos a todas!
Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.
OBRADOIROS DE RAMAS LITERARIAS
Data próxima:
- 12 de febreiro de 2026 no Paderne
- 26 de febreiro de 2026 en Cedeira
Con este taller dámoslles a oportunidade ás nenas e nenos de reflexionar sobre aquelas historias que son importantes na súa vida literaria. Facendo unha metáfora coa figura das árbores, personalizarán o tronco e as súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados coas ditas historias. Un taller idóneo para que os nenos e as nenas traballen con variados materiais como latas, ramas, la, etc. vinculándoos de xeito creativo coa literatura.
DETALLES DA ACTIVIDADE
- Duración: 90 min
- Participantes: rapazada de 6 e 11 anos
- Prazas: 18 por sesión
- Todos os materiais para levar a cabo a actividades están incluídos
- Inscrición: na biblioteca onde ten lugar o taller
Vindeiras sesións:
26/03/2026 - A Pobra do Caramiñal
09/04/2026 - Frades
16/04/2026 - As Pontes
23/04/2026 - Valdoviño
30/04/2026 - Zas
07/05/2026 - Coristanco
14/05/2026 - Padrón
28/05/2026 - Vimianzo
