Estás en:Emprego

Aberto o prazo de inscrición do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Aberto o prazo de inscrición do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, dirixido a compañías teatrais e centros educativos interesados en formar parte desta nova edición.

O prazo permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2026 (inclusive). A inscrición deberá realizarse a través da páxina web do IES Rosalía Mera (www.iesrosaliamera.com), onde se atopan dispoñibles a bases e toda a información relativa ao certame.

Na sección específica dedicada ao certame poden consultarse as bases de participación, os requisitos e condicións, o rider técnico, o plano do escenario, os modelos oficiais de documentación e o enlace ao formulario de inscrición en liña.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, elaborarase e publicarase o calendario de actuacións. Ademais, convocarase unha reunión cos representantes das compañías e centros educativos participantes antes do inicio do certame.

As representacións distribuiranse nas categorías de benxamín, infantil, cadete e afeccionado, e terán lugar nas instalacións do IES Rosalía Mera (A Coruña) durante os meses de marzo, abril, maio e xuño.

A gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o 12 de xuño de 2026.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X