Estás en:Emprego

Subvencións para reducir perdas e infiltracións de auga: ampliación do prazo de xustificación

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2026 pola que se amplía o prazo de xustificación da Resolución do 28 de marzo de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU301E).
«1. O prazo para a presentación da documentación xustificativa da subvención rematará o 30 de abril de 2026, sen prexuízo de que se poida presentar a dita documentación con anterioridade para a súa tramitación».

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2026 pola que se amplía o prazo de xustificación da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU300D).
«1. O prazo para a presentación da documentación xustificativa da subvención rematará o 30 de abril de 2026, sen prexuízo de que se poida presentar a dita documentación con anterioridade para a súa tramitación».

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X