Estás en:Emprego
Fomento da lectura

Entroido literario

Ben sabedes que na @bibliodacoruna somos moi de Entroido e moi de recomendarvos libros.
Da combinación de ambas traémosvos as nosas propostas Entroido-lectoras deste ano.

Desde hoxe e ata o martes achegaremos unha nova suxestión cada día
Agardamos que as gocedes en ambos os sentidos, no entroideiro e no lector!

Entroido literario

14/02/2026: Willy Wonka

  • Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dhal.
  • Atópao coa Sin. N DAH cha / v (Na Sala Xuvenil da Biblioteca)

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agochou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes.

Entroido literario - Willy Wonka.JPG

15/02/2025: Sufraxistas

  • O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, de Clara Campoamor
  • Atópao coa Sin. GAL/17366 (Sección de Persoas adultas)

Das moitas cousas que nos ensinou esta interesante muller destacan dúas: que a batalla pola emancipación feminina nunca se pode dar por gañada, ou que, polo menos, queda moito para aproximarnos a ese ideal; e que, a pesar dos argumentos conxunturais esgrimidos en cada época cara aos avances a prol da xustiza de xénero, a oposición de fondo reside na misoxinia imperante, nun sistema de dominación que chamamos "patriarcado", contra o que, aínda na actualidade, debemos enfrontarnos nos ámbitos máis diversos da nosa vida individual e colectiva.

  • Mi historia, de Emmeline Pankhurst con prólogo e traducción de Gloria Fortún.
  • Atópao coa Sin. 3Z/2554 (Sección de Persoas adultas)

A sufraxista británica que levou o movemento á vitoria conta a súa historia de activismo incansable nunhas inesquecibles memorias. Pankhurst creceu moi consciente da actitude predominante na súa época: os homes eran considerados superiores ás mulleres. Con só catorce anos asistiu á súa primeira reunión polo sufraxio feminino. Ao longo da súa carreira soportou a humillación, a prisión e a reiterada frustración dos seus obxectivos por parte dos homes que ostentaban o poder, pero ascendeu ata converterse nunha luz guía do movemento sufraxista. Escrita ao comezo da Primeira Guerra Mundial e notable polas súas descricións do sistema penal británico, A miña historia é un documento invaluable dunha vida dedicada ás e aos demais, dun momento histórico no que un grupo oprimido se ergueu para defender a máis simple das demandas: a igualdade.

Entroido literario - Sufraxistas.JPG

16/02/2026: Branca de Neve

  • Branca de Neve e os sete ananos
  • Atópao coa Sin. N GRA bra / z (Sección Bebeteca-Infantil)

Branca de Neve era unha das rapazas máis fermosas da contorna. Tanto, que a súa madrasta tivo tantos ciumes dela que decidiu matala. No medio do bosque, atopou acubillo na casa dos sete ananos. Pero por pouco tempo...

Branca das neves.jpeg

17/02/2026: Iriña

  • Iriña bailarina
  • Atópao coa Sin. N JUS iri / z (Sección Bebeteca-Infantil)

Iriña era, como o seu nome indica, unha bailarina; pero non unha bailarina común: vivía na máis fermosa caixa de música. Pero estaba preocupada: non podía saír da súa caixa...

Iriña.jpeg

Bo Entroido a todxs!

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X