Premios EnerAgen 2026 - DATA LÍMITE: 01/04/2026
A transición enerxética necesita referentes.
EnerAgen abre a convocatoria da XVII edición dos Premios Nacionais de Enerxía, que recoñecen as mellores iniciativas desenvolvidas en España en favor da transición enerxética.
Empresas, administracións públicas, entidades sociais e comunidades enerxéticas poden presentar a súa candidatura ata o 1 de abril ás 15:00 h.
Os premios distinguen proxectos en catro ámbitos:
• Iniciativa privada
• Iniciativa pública
• Educación, sensibilización e difusión
• Comunidades enerxéticas
A entrega de galardóns, patrocinados por Red Eléctrica, desenvolverase o 3 de xuño en Oviedo, no marco do 25.º aniversario da Fundación Asturiana da Enerxía.
Se estás impulsando un proxecto con impacto real, é o momento de lle dares visibilidade nacional.
Consulta as bases aquí: https://www.premios.eneragen.org/
Presentación de candidaturas: As candidaturas enviaranse por correo electrónico e deberán dirixirse ao organismo asociado a EnerAgen que corresponda ao ámbito territorial no que se desenvolve a actuación.
Presenta a túa candidatura a través da Oficina para a Transición Enerxética (OTE) da Deputación da Coruña como socio de ENERAGEN: ote@dacoruna.gal.
Máis información no teléfono da OTE: 981 102 111
