Estás en:Emprego
Accións da BPDC na provincia da Coruña

Relación de bibliotecas municipais formación EBIBLIODACORUNA

Relación dos concellos da provincia da Coruña onde se vai a desenvolver a actividade nos meses de abril, maio e xuño do 2026

Relación de bibliotecas municipais formación EBIBLIODACORUNA

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña lanzamos as sesións de formación presenciais da EBIBLIODACORUNA nas bibliotecas municipais dos concellos de menos de 30 mil habitantes. Despois da celebración da I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña celebrada no mes de novembro, e escoitando as demandas dos profesionais que atendedes os espazos nos concellos, poñemos un equipo técnico da BPDC á disposición dos concellos da provincia para cubrir esta necesidade formativa.
De abril a xuño impartiremos obradoiros formativos nas bibliotecas de menos de 30 mil habitantes. Se fora preciso abriremos unha quenda de setembro a decembro. As sesións terán unha duración aproximada de 2 horas como máximo e poden participar as persoas que teñan interese en aprender a usar a ferramenta dixital de lectura. Os espazos deben contar con conexión a internet. Están orientadas a persoas maiores de 14 anos, que teñan móbil con conexión a internet e que queiran descubrir unha nova ferramenta gratuita que lles vai acompañar no seu día a día.
A EBIBLIODACORUNA é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa e outros materiais que a Deputación da Coruña pon ao servizo de todas as persoas lectoras da provincia. Levar a biblioteca contigo, no teu móbil as 24 horas do día e os 365 días do ano. Unha ferramenta de balde, na que podes autoxestionar os teus préstamos, suxerencia e mesmo conversar e intercambiar opinións con outras persoas.Recordamos os contidos que imos tratar:
0. Benvida e presentación.
1. Cómo inscribirse e cómo acceder

.2. Cómo navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.

3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.

5. Cómo enviar suxerencias de compra. Mellores prácticas.

6. Cómo acceder e participar no club de lectura.

7. Próximas convocatorias de clubes de lectura.


Relación dos concellos da provincia da Coruña onde se vai a desenvolver a actividade nos meses de abril, maio e xuño:

Concello de Bergondo: : Venres 10 de abril ás 17:00 h.

Concello de Ares: Luns 13 de abril ás 17:00 h.

Concello de Rois: Luns 27 de abril ás 17:00 h.

Concello de Mugardos: Xoves 30 de abril ás 16:00 h.

Concello de Neda:Martes 12 de maio ás 18:00 h.

Concello de Mañón: Mércores 13 de maio ás 18:00 h.

Concello de Ponteceso: Xoves 14 de maio ás 19:00 h.

Concello de Teo: Martes 26 de maio ás 19:00 h.

Concello de Padrón: Xoves 28 de maio ás 17:00 h.

Concello de Cedeira: Luns 8 de xuño ás 17:00 h.

Concello das Somozas: Mércores 10 de xuño ás 17:00 h.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X