Apertura do prazo de solicitude das accións formativas contidas na 3ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación Provincial da Coruña
Plan de Formación Agrupado 2025 da Deputación Provincial da Coruña: solicitude de accións formativas da terceira convocatoria.
A Sección de Formación da Deputación Provincial da Coruña abre un novo prazo para poder solicitar as accións formativas da terceira convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2025 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan.
É un requisito imprescindible para poder participar nas accións formativas do Plan de Formación Agrupado da Deputación Provincial da Coruña do ano 2025, tal e como se recolle nas bases da convocatoria, atoparse en situación de servizo activo, tanto no derradeiro día do prazo de presentación das solicitudes da respectiva convocatoria como no día de inicio da acción formativa da que se trate.
O prazo de presentación de solicitudes desta nova convocatoria estará aberto ata o próximo venres, 24 de abril de 2026, ás 14:00 horas.
A continuación achegamos as seguintes ligazóns de interese:
Cadro das accións formativas / cursos de formación que se van realizar na terceira convocatoria do PFA DC 2025:
Forma e prazo de presentación de solicitudes de participación:
As solicitudes deberán presentarse no espazo habilitado a tal efecto na plataforma SUBTel, dentro do menú de Plan de formación, no apartado de Solicitudes. Pode acceder a Subtel no seguinte enderezo:
