Estás en:Emprego
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional - FEDER

Axudas ao investimento para infraestruturas locais: Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial - 22/06/2026

Axudas ao investimento para infraestruturas locais: Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial - 22/06/2026

Convocatoria:
Concesión de axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), convocatoria en concurrencia competitiva para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029.

Obxectivos:
Financiamento de proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e das persoas consumidoras, e a modernizar e desenvolver a base industrial.

Entidades beneficiarias:
Pequenas e medianas empresas (pemes):
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20% dos investimentos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.

Gastos subvencionables:
Investimentos en activos fixos que correspondan de forma indubidable á infraestrutura subvencionada:
a) Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os cales o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de cinco (5) anos, contados desde a data da posta en marcha da infraestrutura.
b) Adquisición de terreos, edificacións ou construcións por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable.
c) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
d) Outros investimentos en activos fixos materiais, incluído o mobiliario.
e) Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo.
f) Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

Contía da subvención:
O importe subvencionable calcularase como a diferenza entre os investimentos subvencionables e o beneficio de explotación ao longo do período de explotación do negocio e non poderá superar os 5.000.000 €. A axuda acadará a intensidade do 80% sobre o importe subvencionable, polo que non poderá superar os 4.000.000 €.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 21/04/2026 00:00 - 22/06/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS 
Sede electrónica 

Contacto:
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Teléfono: 900815151
Correo: informa@igape.es

Máis información - Impulso local 

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X