Estás en:Emprego

Padre Rubinos, ASPRONAGA, AECC, Fundación Hospitalarias, POIG e Érguete, Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña

Os galardóns, dotados con 42.000 euros, recoñecen seis iniciativas destacadas polo seu impacto social e innovación

Xosé Ameixeiras recibe o recoñecemento especial pola súa ampla traxectoria xornalística comprometida coa realidade social

A Deputación destina 3,7 millóns de euros anuais para apoiar o labor de máis de 240 entidades sociais da provincia

Padre Rubinos, ASPRONAGA, AECC, Fundación Hospitalarias, POIG e Érguete, Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña entregou esta tarde en PALEXCO os V Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, que recoñecen o traballo de entidades e profesionais do ámbito social que contribúen a mellorar a vida das persoas, especialmente das máis vulnerables.

O acto estivo presidido polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e contou coa participación da deputada de Política Social, Mar García Vidal, ademais de representantes dos grupos políticos da corporación provincial, alcaldes e alcaldesas da provincia, e unha ampla representacións das entidades sociais e profesionais do sector.

Nesta edición foron recoñecidas seis iniciativas que destacan polo seu impacto social, a súa capacidade de innovación e o seu compromiso coa mellora continua dos servizos sociais.

Na categoría de investigación científica, a Fundación Hospitalarias foi premiada por un proxecto centrado na prevención das caídas das persoas maiores, que teñen unha alta incidencia nos centros de servizos sociais. O proxecto destaca pola identificación de variables e emprego de técnicas cuantitativas e cualitativas que a fan un exemplo de boas prácticas.

No ámbito da atención social, a Asociación Española Contra o Cancro foi recoñecida polos seus Clubs de saúde, unha iniciativa que promove hábitos de vida saudables e ofrece apoio integral ás persoas pacientes e ás súas familias, especialmente en contornas rurais, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida.

ASPRONAGA foi distinguida polo proxecto Telebaró, unha proposta innovadora que emprega a tecnoloxía para favorecer a comunicación e a participación das persoas con discapacidade intelectual, potenciando a súa autonomía e a súa inclusión social.

Na categoría de familia, infancia e adolescencia, o programa Redeir@s da Plataforma de Organzacións de Infancia de Galicia (POIG) foi premiado polo seu enfoque centrado nos dereitos dos nenos e nenas, promovendo a súa participación activa e o seu desenvolvemento en contornas seguras e inclusivas.

O proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración, recoñecido na categoría de inclusión social, é un programa no que persoas privadas de liberdade aprenden as técnicas tradicionais das redeiras de Corme e elaboran, con redes recicladas, material para centros escolares como canastras, porterías ou bolsas de balóns. A Fundación Érguete-Integración impulsa así a súa inclusión social e laboral, ao tempo que promove o reciclaxe, o residuo cero e a economía circular.

Finalmente, o premio á traxectoria foi para a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, en recoñecemento aos seus máis de cen anos de compromiso coa atención ás persoas máis desfavorecidas, adaptándose ás necesidades de cada época e consolidándose como unha referencia no ámbito social da provincia.

Recoñecemento a Xosé Ameixeiras

O acto incluíu tamén a entrega dun recoñecemento especial ao xornalista Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carballo, pola súa contribución á visibilización do labor das entidades sociais e á sensibilización da sociedade sobre problemáticas de gran relevancia.

A Deputación destacou a súa traxectoria profesional, marcada pola proximidade coa realidade social da comarca e por un enfoque rigoroso e comprometido, que permitiu achegar á cidadanía o impacto do traballo das entidades e cuestións como a loita contra a exclusión ou o narcotráfico.

Entidades que melloran as vidas de miles de persoas cada día

Durante a súa intervención, Valentín González Formoso destacou que "as entidades sociais son compañeiras imprescindibles na política social da Deputación da Coruña" e puxo en valor o seu papel "mellorando cada día a vida de miles de persoas e familias en toda a provincia".

O presidente subliñou que unha das partes máis gratificantes do seu traballo son as visitas ás entidades sociais, "nas que podemos comprobar que cada euro que destinamos está ben investido e serve para mellorar a vida de moitas persoas con especiais dificultades e das súas familias".

Formoso incidiu tamén na importancia de seguir fortalecendo este tecido social e lembrou que a Deputación vén incrementando ano a ano orzamento da área social durante a súa década á fronte do goberno provincial. Este ano, a Deputación destina 3,7 millóns de euros para apoiar o labor de máis de 240 entidades da provincia, financiando programas que abranguen desde a atención psicosocial e a rehabilitación ata a inserción laboral, o transporte adaptado ou o apoio ás familias.

Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou que estes premios "visibilizan o enorme traballo que desenvolven as entidades sociais e o seu compromiso coa innovación e a mellora continua na atención ás persoas", e puxo en valor o incremento da participación nesta edición, con 64 candidaturas presentadas este ano.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X