Estás en:Emprego

A Deputación promociona o turismo da provincia na 46.ª edición de ExpoVacaciones de Bilbao

O organismo provincial busca poñer en valor a riqueza paisaxística, patrimonial e gastronómica da Coruña

O posto da Deputación ofrecerá información sobre os destinos e recursos turísticos da provincia e contará con demostracións de cestaría en vivo a cargo do artesán ferrolán Carlos Rubio

A Deputación promociona o turismo da provincia na 46.ª edición de ExpoVacaciones de Bilbao

O cesteiro ferrolán Carlos Rubio. Foto: ocarabelecocestos.com

A Deputación da Coruña estará presente os días 8, 9 e 10 de maio na 46.ª edición de Expovacaciones, a feira internacional de turismo que se celebra no Bilbao Exhibition Centre (Barakaldo). Nesta feira contará cun espazo propio para poñer en valor a riqueza paisaxística, patrimonial e gastronómica da provincia.

O posto da Deputación ofrecerá información sobre os destinos e recursos turísticos da provincia, dando a coñecer a diversidade paisaxística, cultural e patrimonial do territorio coruñés ao público asistente á feira.

Ademais, durante o evento haberá demostracións de cestaría a cargo do artesán ferrolán Carlos Rubio, unha actividade que lle permitirá achegar ao público visitante unha mostra do traballo artesán tradicional da provincia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X