Axudas á transformación dixital das pemes - 10/07/2026
Convocatoria:
Convocatoria para os anos 2026-2027 en réxime de concorrencia competitiva das axudas á transformación dixital das pemes.
Obxectivos:
As axudas teñen por obxecto apoiar proxectos de transformación dixital orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que proporcionen soporte aos procesos dunha empresa, ás súas relacións comerciais e operativas con terceiros e á súa interconexión dixital na cadea de valor, así como proxectos de intercambio automatizado de datos entre unha empresa galega e outras empresas.
Entidades beneficiarias:
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as persoas empresarias autónomas, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.
Gastos subvencionables:
Os proxectos deberán comportar a implantación efectiva dunha solución ou sistema, a súa posta en funcionamento en contorna real e a obtención de resultados verificables. Poderán comprender, entre outros, actuacións de dixitalización e automatización de procesos, implantación de sistemas de xestión, integración e intercambio de datos, interfaces e canles dixitais de relación comercial e operativa con terceiros, mellora da función loxística, medición e seguimento ASG baseados no dato e actuacións de ciberseguridade
Contía da subvención:
Os proxectos encadraranse nos seguintes tipos en función do seu importe subvencionable total:
a) Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable de 12.000 € a menos de 50.000 €.
b) Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de 50.000 € ata 120.000 €.
c) Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable superior a 120.000 €.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 11/06/2026 - 10/07/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
BDNS (minimis xeral)
BDNS (minimis agrícola)
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
