Estás en:Emprego

Píldora Seguridade: Minimización dos datos persoais nos formularios web

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade:  Minimización dos datos persoais nos formularios web
Deputación da Coruña Píldoras de Ciberseguridad

PÍLULAS FORMATIVAS

Boas prácticas en protección de datos

Minimización de datos persoais

Ao crear formularios web ou recoller información das persoas usuarias, é fundamental solicitar unicamente os datos necesarios para a finalidade prevista. Pedir información excesiva ou sen unha necesidade xustificada incumpre o principio de minimización de datos e aumenta os riscos para a organización e para as persoas afectadas.

BOAS PRÁCTICAS PARA A RECOLLIDA DE DATOS PERSOAIS

✓
Analice previamente que información necesita realmente para cumprir a finalidade do formulario.
✓
Solicite unicamente os datos imprescindibles. Se un dato non é necesario para prestar o servizo ou xestionar a actividade, non debe solicitarse.
✓
Lembre que son datos persoais informacións como o nome, apelidos, DNI, teléfono, correo electrónico ou dirección postal.
✓
Preste especial atención aos datos sensibles, como os datos de saúde (por exemplo, alerxias alimentarias, discapacidades ou outra información médica), xa que requiren unha protección reforzada.
✓
Evite solicitar datos "por se acaso" ou para posibles usos futuros que non estean claramente definidos e xustificados.
✓
Revise periodicamente os formularios publicados para asegurarse de que todos os campos seguen sendo necesarios.

Exemplo práctico

Nun formulario de inscrición para unha xornada ou evento no que non se vai servir comida nin se realizan actividades que requiran información sanitaria, solicitar datos sobre alerxias alimentarias non estaría xustificado. Neste caso, a recollida desa información incumpría o principio de minimización de datos.

Antes de engadir un novo campo nun formulario, pregúntese: "É realmente necesario para a finalidade deste trámite ou actividade?"

Lembra! Canto menos información persoal recollamos e tratemos, menor será o risco para as persoas e para a organización en caso de erro, acceso non autorizado ou filtración de datos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X