Modificación de subvencións a: Fondo de Compensación Ambiental; infraestruturas para prestación de servizos municipais; vehículos para prevención incendios forestais.
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DOG 28/10/2026
ORDE do 19 de outubro de 2026 pola que se modifica a Orde do 16 de xaneiro de 2026 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D) (Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro).
«1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a conta xustificativa ata o 13 de novembro de 2026».
ORDE do 19 de outubro de 2026 pola que se modifica a Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A) (Diario Oficial de Galicia número 61, do 1 de abril).
«1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 13 de novembro de 2026».
ORDE do 19 de outubro de 2026 pola que se modifica a Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486F) (Diario Oficial de Galicia número 110, do 15 de xuño).
"1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 30 de decembro de 2026.