Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña organiza unhas xornadas micolóxicas gratuítas para poñer en valor o patrimonio natural da provincia e achegarlle o mundo dos cogomelos á cidadanía

O programa inclúe cinco saídas de campo entre novembro e decembro por espazos emblemáticos como o monte Forgoselo, Sobrado, Dombate, Caaveiro e Balarés.

A Deputación da Coruña organiza unhas xornadas micolóxicas gratuítas para poñer en valor o patrimonio natural da provincia e achegarlle o mundo dos cogomelos á cidadanía

xornadas-micoloxicas.png

A Sección de Medio Ambiente da Deputación da Coruña pon en marcha o programa “Xornadas Micolóxicas na provincia”, unha proposta divulgativa pensada para promover o coñecemento, a identificación e a recolección sostible de cogomelos nos espazos naturais da provincia. Tamén se pretende visibilizar e concienciar sobre a extraordinaria riqueza do patrimonio natural provincial que conta cunha enorme variedade de hábitats fundamentais para o equilibrio ecolóxico.

As actividades, impartidas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, desenvolveranse os sábados dos meses de novembro e decembro, en horario de 10:00 a 14:00 h. Cada cita contará cunha charla introdutoria á micoloxía, un percorrido guiado polo contorno e un espazo práctico de identificación das especies atopadas.

 

Calendario e localizacións

Couto micolóxico Monte Forgoselo, Casa do Mel

Data: 14 de novembro de 2026

Hora: De 10:00 a 14:00 h

Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía. Charla e sesión de degustación sobre a produción de mel. Pausa para o café. Percorrido polo couto micolóxico. Identificación de cogomelos. Peche da actividade.

Prazas: 30

Prazo de inscrición: do 2 ao 8 de novembro

Forma de inscrición: cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí

 

Predio de Sobrado

Data: 21 de novembro de 2026

Hora: De 10:00 a 14:00 h

Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía. Pausa para o café. Percorrido polo predio da deputación. Identificación de cogomelos. Peche da actividade.

Prazas: 30

Prazo de inscrición: do 9 ao 15 de novembro

Forma de inscrición: cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí

 

Dolmen de Dombate

Data: 28 de novembro de 2026

Hora: De 10:00 a 14:00 h

Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía. Pausa para o café. Visita ao dolmen e charla interpretativa. Percorrido pola contorna. Identificación de cogomelos. Peche da actividade.

Prazas: 30

Prazo de inscrición: do 16 ao 22 de novembro

Forma de inscrición: cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí

 

Mosteiro de Caaveiro

Data: 12 de decembro de 2026

Hora: De 10:00 a 14:00 h

Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía e e os valores ambientais do Parque Natural. Pausa para o café. Percorrido pola contorna (non recomendado para persoas con mobilidade reducida). Identificación de cogomelos. Peche da actividade.

Prazas: 30

Prazo de inscrición: do 30 de novembro ao 6 de decembro

Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí

 

Predio de Balarés (en colaboración co Concello de Ponteceso) 

Data: 19 de decembro de 2026

Hora: De 10:00 a 14:00 h

Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía. Pausa para o café. Percorrido pola contorna. Identificación de cogomelos. Peche da actividade.

Prazas: 30

Prazo de inscrición:  do 07 ao 13 de decembro.

Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí

 

A participación en todas as xornadas é totalmente de balde, cun límite de 30 prazas por quenda para garantir a calidade formativa e o coidado da contorna. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nos prazos establecidos para cada unha das edicións  a través da páxina web de Medio Ambiente cubrindo un formulario ou escaneando o código QR do cartel informativo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X