Cristina Capelán visita en Muros a Escola de Memoria da Asociación de Mulleres Os Hórreos
A deputada de Mar e Medio Rural participou nunha sesión no Centro Social de Sorribos e destacou o labor das asociacións de mulleres para combater o illamento nas parroquias rurais
A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, participou no Centro Social de Sorribos, en Muros, nunha sesión da Escola de Memoria que impulsa a Asociación de Mulleres Os Hórreos co apoio da institución provincial. Capelán compartiu coa veciñanza os exercicios do obradoiro e coñeceu outras actividades formativas e culturais que organiza a entidade ao longo do ano.
A deputada destacou que a Escola de Memoria ofrece ás persoas participantes un lugar próximo onde exercitar a memoria, aprender en compañía e manter o contacto con outras persoas da parroquia.
Capelán agradeceu a acollida da asociación e subliñou a importancia de que as administracións escoiten as entidades e coñezan de primeira man os seus proxectos e necesidades.