Estás en:Emprego Novas

O Pazo de Arenaza acolleu unhas xornadas sobre transformación dixital na empresa

O Pazo de Arenaza acolleu unhas xornadas sobre transformación dixital na empresa

Esta mañá tivo lugar no Pazo de Arenaza unha nova edición do Digital Transformation Day, evento organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e enmarcado dentro dos Tech Days de Arenaza no que tres relatores afondaron na transformación dixital, nas tecnoloxías implicadas e no funcionamento da industria 4.0. O evento reuniu a diversos emprendedores/as e traballadores/as do eido das pemes interesados/as en ampliar os seus coñecementos de cara á dixitalización.
A xornada comezou coa intervención de Pablo Pérez Vázquez, director de xestión no ICOIIG, coa charla 'O humano na transformación dixital'. Durante a súa quenda, Pablo falou do papel das persoa no proceso de dixitalización das empresas, de como integrar as tecnoloxías e poñer en valor o papel dos traballadores e traballadores e ensinou como foi o proceso de adaptación no marco da transformación dixital para unha institución como o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias.
A segunda charla veu a cargo de Carlos Mozas, da consultora G3M, que explicou detalladamente cal é a cadea de valor na Industria 4.0 e como converter as novidades en oportunidades, poñendo como exemplo o exitoso caso da empresa Krack, unha zapatería pontevedresa que empregou a creatividade e a eficiencia para dixitalizar a súa cadea de valor e veu incrementado o seu crecemento e os seus resultados xerais.
Tras unha breve pausa para un café, o último bloque de charlas correu da man de Daniel Prieto, CEO de Soltec Ingenieros, que dividiu a súa intervención en dúas partes. Na primeira falou da evolución e a disrupción, é dicir, de todos os cambios que acontecen no proceso de dixitalización e o punto no que nos atopamos na actualidade; a segunda parte tratou dos xemelgos dixitais, representación dixitais de grandes aplicacións, e do desenvolvemento do software NOA por parte de Norlean.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X