Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina 33.431,19 euros para renovar a iluminación pública no lugar de Insua, en Paderne

Os fondos, do Plan Único, permitirán substituír 127 puntos de luz existentes por outros con tecnoloxía LED, conseguindo un maior aforro e luminosidade

A Deputación destina 33.431,19 euros para renovar a iluminación pública no lugar de Insua, en Paderne

A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, 33.431,19 euros para financiar na súa totalidade un proxecto para a renovación da iluminación pública no lugar de Insua, no Concello de Paderne.

A actuación, en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, inclúe a substitución de 127 puntos de luz existentes de sodio por outros con tecnoloxía LED. Ademais, tamén se contempla o acondicionamento de catro cadros de mando, que pasarán a ter un acendido astronómico e programable, e a reposición de 200 metros de cable.

Esta obra permitirá conseguir un maior aforro enerxético, debido á diminución do consumo eléctrico que proporcionarán as novas luminarias, e mellorarán as condicións de iluminación da zona. Ademais, a tecnoloxía LED tamén é máis respectuosa co medio natural.

O prazo para presentar ofertas remata o 8 de marzo.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X