Estás en:Emprego Novas

O PEL Reactiva concede 108.590 euros en axudas a máis de 60 autónomos e microempresas de Ponteceso

O PEL Reactiva concede 108.590 euros en axudas a máis de 60 autónomos e microempresas de Ponteceso

O Concello de Ponteceso publicou a resolución provisional de autónomos e microempresas admitidas e excluídas para optar ás axudas do programa da Deputación PEL-Reactiva, que persegue fomentar a reactivación económica tras a crise derivada da pandemia da covid nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

O documento está dispoñible na páxina web do Concello, na que se dá conta dos adxudicatarios das subvencións, que oscilan ente 1.500, 2.000 e 2.500 euros. En total, repartiranse 108.590 euros, dos que a Deputación financia 86.872 euros, e o resto, 21.718 euros, corren a cargo do Concello, que repartirá esa contía entre máis de sesenta entidades, que foron admitidas polo Concello para recibir a prestación, mentres que once permanecen en listaxe de agarda.

Os autónomos e pequenos empresarios dispoñen de cinco días hábiles desde o anuncio da resolución para comunicar, se é o caso, a desistencia da solicitude, alegacións ou emendas de erros. No caso de non facelo, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X