Estás en:Emprego Rede Provincial de Espazos de Traballo

Rede Provincial de Espazos de Traballo

O PEL pretende dar un reforzo especial á creación de empresas e ao tecido empresarial e por iso a LIÑA 2- PEL- EMPRENDE, céntrase na creación de empresas e no apoio  a emprendedores no ámbito local, na contribución á dinamización e consolidación da actividade empresarial e no fortalecemento  do tecido produtivo a nivel local.

Este reforzo materialízase a través de diferentes convocatorias de axudas, nas que se enmarcan dúas liñas específicas:

  • Liña 2.2- Convocatoria anual  de Axudas para a promoción de espazos de traballo (viveiros de empresas, centros de negocios e coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local.
  • Liña 2.3- Apoio á creación e posta en marcha dun Proxecto piloto de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia.

 

O que se pretende é que ambas liñas de axudas sirvan de instrumento para a creación e posta en marcha da REDE PROVINCIAL DE ESPAZOS DE TRABALLO, que aglutina distintos espazos de traballo localizados en concellos da provincia (viveiros de empresas, centros de negocio e coworking).

 

O obxectivo principal desta rede é establecer uns mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e emprendedores  entre os distintos espazos  que formen parte dela.

A rede estará formada por concellos que queiran dispoñer instalacións para a creación de espazos de traballo, ben sexan viveiros de empresas, centros de negocios ou espazos de coworking, ou ben aqueles que xa conten con algún destes espazos creados e precisen apoio para o seu funcionamento e dinamización.

A rede pretende funcionar de xeito eficiente, de maneira que as distintas sedes presten un servizo eficaz e coordinado non só no concello no que se empracen, senón tamén en concellos circundantes, ben atendendo aos límites administrativos da comarca, ben atendendo a outros criterios de eficiencia.

 

En definitiva, preténdese  crear unha rede de espazos traballo con sede en diferentes concellos nos que se  ofreza  de forma eficiente un servizo público orientado ás persoas  emprendedoras e ás empresas, sendo primordial:

  •  O fomento do emprego
  • A dinamización do tecido empresarial de cada concello/comarca
  • A difusión de coñecementos,  competencias e habilidades que sexan clave á hora de emprender
  • A posta en marcha de novos negocios
  • Traballar especificamente en programas de xestión empresarial en sectores estratéxicos.

 

A rede quere contribuír aos seguintes obxectivos específicos:

 

Fomentar o traballo colaborativo a través do uso de espazos de coworking

O coworking é un espazo de traballo común destinado á instalación de profesionais de diferentes sectores, autónomos e emprendedores para o desenvolvemento dos seus proxectos. Os profesionais comparten o mesmo espazo, fomentando así as sinerxias, a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.

Esta forma de traballar implica o aluguer dun posto de traballo individual nunha zona colectiva con acceso a internet e outros servizos e prantéxase como a solución ideal para aqueles profesionais e autónomos, freelances ou microempresas que queren evitar o illamento con todo o que leva aparexado.

O aforro de custos e as sinerxias, son sen dúbida as principais vantaxes dos espazos de coworking, así como a flexibilidade e conciliación.

A rede quere apoiar ás empresas e emprendedores que desexen acceder aos espazos de coworking da rede para o desenvolvemento da súa actividade.

 

Apoiar a creación e consolidación de empresas

Mediante a instalación de empresas de nova creación nos viveiros de empresas, co obxecto de contribuír a súa viabilidade a través da disposición de instalacións e a prestación de servizos a baixo custo,  e mediante a instalación de diferentes empresas e profesionais que así o desexen nos centros de negocios existentes para beneficiarse das súas vantaxes.

A rede darase a coñecer a todos os concellos, que a través dos seus servizos de emprego e desenvolvemento local promocionarán a rede e os seus servizos, informando a potenciais usuarios e derivando ás persoas interesadas aos espazos de traballo máis axeitados para o desenvolvemento do seu proxecto empresarial ou para a realización da súa actividade.

 

Espazos de traballo que forman parte da rede na actualidade