Estás en:Emprego

Dereitos Civis

A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña ten como misión garantir o respecto, a protección e a promoción dos dereitos fundamentais en toda a provincia, así como preservar e fortalecer a memoria colectiva como base dunha sociedade máis xusta, plural e democrática. A través de políticas públicas, programas sociais e culturais, accións formativas e iniciativas de participación cidadá, traballamos para consolidar un territorio comprometido coa igualdade, a memoria democrática, a diversidade, a dignidade humana e a non discriminación.

A nosa actuación céntrase na defensa dos dereitos humanos, na loita contra o racismo, a xenofobia e calquera forma de discriminación, na promoción da igualdade entre mulleres e homes e no recoñecemento das diversidades étnicas, culturais, lingüísticas e afectivo-sexuais. Estes principios inspiran proxectos que fomentan a inclusión social, o acceso á cultura, a participación comunitaria e a creación de espazos seguros para todas as persoas, especialmente para aqueles colectivos que historicamente sufriron exclusión ou vulneración de dereitos.

No ámbito da Memoria Democrática, impulsamos accións destinadas á recuperación, dignificación e difusión das historias silenciadas, á protección dos lugares de memoria e ao recoñecemento das vítimas da represión e das violencias exercidas contra a cidadanía. Entendemos a memoria como un dereito colectivo e como unha ferramenta fundamental para garantir a non repetición, fortalecer a convivencia democrática e promover unha cultura de paz e respecto mutuo.

Marco lexislativo

• Declaración Universal dos Dereitos Humanos (Asemblea Xeral da ONU, 1948)

• Convención Internacional sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación Racial (ONU, 1965)

• Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (ONU, 1966)

• Constitución Española de 1978

• Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español

• Convención Internacional sobre a Protección dos Dereitos de Todos os Traballadores Migratorios e dos seus Familiares (ONU, 1990)

• Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social

• Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero

• Convención da UNESCO de 2005 sobre a Protección e Promoción da Diversidade das Expresións Culturais

• Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes

• Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (Convenio de Istambul, 2011)

• Lei 2/2014, do 14 de abril, para a igualdade de trato e a non discriminación de Galicia

• Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de Museos e outros centros museísticos de Galicia

• Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación

• Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática