Estás en:Emprego

Cartografía do corpo migrante

CURTIS-cartografia-corpo-migrante.jpgArte, tenrura e memoria | 9–12 de outubro de 2025 | Teixeiro (A Coruña)

Cartografías do Corpo Migrante é un encontro artístico‑literario impulsado pola Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña en colaboración con Mujeres Negras que Cambiaron el Mundo. Durante catro días, 15 mulleres migradas, negras e racializadas compartiron un espazo de creación, descanso e coidado colectivo no Centro Etnográfico Río Mandeo.

Obxectivo
Crear un espazo seguro, horizontal e afectivo onde as participantes puidesen existir sen presións, explorar a súa memoria e recoñecerse como suxeitos de creación, pensamento e arte. O proxecto reivindica a tenrura como práctica política e o descanso como forma de resistencia.

Eixes conceptuais
– Cartografía: mapa emocional e colectivo trazado polos corpos e historias das participantes.
– Tenrura: forza política fronte á violencia, o racismo e o produtivismo.
– Arte e memoria: linguaxes para crear, lembrar e reparar.

Actividades destacadas
Fálame en galego, quero aprender: obradoiro de Mobilidade Humana que achegou o galego como lingua de acollida, afecto e pertenza.

Mirarme, contarme: taller de fotografía como ferramenta de autorrepresentación e ruptura de estereotipos.

Escoita expandida: percorrido sensorial polo río Mandeo, combinando natureza, deriva, gravacións sonoras e atención plena.

Os adornos: obradoiro de escritura autobiográfica a partir de obxectos significativos, explorando a memoria íntima e colectiva.

Concerto de clausura: Batuko Tabanka, unha celebración da memoria afrodescendente e unha denuncia do colonialismo a través da música e da danza.

Impacto
O encontro xerou unha forte sensación de refuxio, pertenza e comunidade; a creación de textos, fotografías e audios; unha transformación simbólica que situou o corpo migrante como suxeito creador; e o fortalecemento de políticas culturais inclusivas e antirracistas.