PEL-PEMES Creación e ampliación do cadro de persoal

Presentación

Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas.

A finalidade destas axudas á contratación consiste en apoiar ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego, para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 75% dos custos salariais totais da persoa traballadora. A contratación terá unha duración mínima de 12 meses. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os 12 primeiros meses do contrato.

Destinatarios

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda, reúnan os seguintes requisitos:

  • Comúns a persoas físicas e xurídicas:
  1. Domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  2. Ter actividade económica con ánimo de lucro.
  3. A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou do/ autónomo/a debe de estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.
  • Específicos das persoas xurídicas:
  1. Estar inscritas no rexistro mercantil ou no rexistro público correspondente, no caso das persoas xurídicas.
  • Específicos das persoas físicas:
  1. Estar dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional, no caso das persoas físicas.

FAQ

Se te quedaches con dúbidas ou se precisas máis información, entra aquí

 logo_deputacion-transparente.png PEL.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X