PEL-PEMES Mantemento

Presentación

Programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas.

A finalidade das axudas á contratación consiste en apoiar ao tecido empresarial para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas en situación de desemprego contratadas con cargo ao Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas da anualidade anterior.

Cada empresa poderá solicitar a subvención para os gastos correspondentes a un máximo de 12 meses do/da traballador/a contratado/a de maneira indefinida acollido á subvención PEL- PEMES Creación e Ampliación da anualidade anterior.

Destinatarios

Estas axudas ao mantemento do cadro de persoal van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as, todos eles beneficiarios/as da subvención PEL-PEMES Creación e Ampliación 2018 que levaron a cabo a contratación de maneira indefinida con carácter previo á presentación da solicitude PEL-PEMES Mantemento 2019 e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Domicilio fiscal en calquera concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  2. Estar inscrita no rexistro mercantil, no caso das entidades que estean obrigadas a iso.
  3. A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou do/a autónomo/a debe de estar relacionada cos perfís profesioanis da persoa contratada.

FAQ

Se te quedaches con dúbidas ou se precisas máis información, entra aquí

 logo_deputacion-transparente.png PEL.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X