Estás en:Emprego

Plan de Formación Agrupado 2026

2ª CONVOCATORIA PARCIAL EXTRAORDINARIA DO PLAN DE FORMACIÓN AGRUPADO 2026

ATENCIÓN: Aberto  o prazo para presentar solicitudes ás accións formativas / aos cursos de formación da segunda convocatoria parcial extraordinaria do Plan de Formación Agrupado 2026 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas / os ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan. O prazo de inscrición ábrese o xoves, 24 de xullo ás 08:00 horas, e remata o luns, 10 de agosto ás 14:00 horas. 

Para calquera cuestión poderase poñer en contacto coa Sección de Formación:

- Enderezo electrónico:  formacion@dacoruna.gal

- Teléfonos: 981 415 826 / 981 415 810 / 981 415 825

Persoas admitidas aos cursos do Plan de Formación Agrupado ano 2026

Segunda convocatoria parcial extraordinaria

Para facilitar a presentación da documentación relativa aos outros criterios de preferencia, participación e/ou adaptación, se inserta a continuación un ficheiro editable para a súa cumprimentación.

Formulario editable

Este documento titulado "DECLARACIÓN sobre a aplicación doutros criterios en relación coa selección de participantes na acción formativa / curso de formación que se indica", unha vez cumprimentado e convertido en PDF,deberá sere asinado pola persoa solicitante, e presentarse na solapa de "DOC.ADICIONAL / EMENDAS" da súa solicitude.

As solicitudes deberán presentarse na plataforma SUBTEL na seguinte ligazón:

SUBTEL

Primeira convocatoria

Plan de formación cofinanciado por:

1 Logo Acuerdo FEP.jpg                2 logoEGAP.jpg