Liña 1 PEL Concellos
Apoio aos concellos da provincia na a prestación de servizos municipais
_________________________________________________________________________________________________________________________
A finalidade desta liña é subvencionar os custos de contratación de traballadores e traballadoras que sexan demandantes de emprego nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais, acordes ás competencias definidas no artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local.
A liña PEL Concellos leva repartidos 30.888.993,30 € desde a súa creación no ano 2016.
No ano 2024 destináronse 3.547.620,15 € para a realización de novas contratacións a través dos Concellos, con 400 contratos subvencionados.
_________________________________________________________________________________________________________________________
Axudas ao sector das orquestras e verbenas (PEL-CONCELLOS OV)
O obxecto do programa é contribuír á reactivación económica, á xeración de recursos económicos e á promoción e mantemento do emprego, no sector empresarial do mundo do espectáculo e movemento cultural, e en concreto, do sector das orquestras e verbenas.
__________________________________________________________________________________________________________________________
Fondo de financiamento para a reactivación socioeconómica da provincia (PEL-Reactiva I)