Aceptadas parcialmente as alegacións de CCOO á RPT
É rotundamente falso que CCOO propuxese importe algún para ningún posto concreto senón que fixo unha proposta global e equitativa consistente no incremento dun nivel para todas as prazas e incluso máis para os postos máis baixos. Os importes dos niveis os establece o Congreso dos Deputados
Na mesa de negociación fomos os únicos que nos opuxemos e votamos en contra da modificación de RPT presentada de xeito unilateral por parte da Corporación e que, ao noso entender vulneraba a normativa. Tamén fomos o único sindicato que presentou alegacións a súa aprobación inicial en pleno.
CCOO reduce o impacto negativo da modificación da RPT coas súas alegacións que son aceptadas parcialmente pola Corporación na aprobación definitiva. Deste xeito conseguimos evitar parte dos aspectos máis negativos da RTP e obrigamos á Corporación a tratar as modificacións das condicións do persoal na Comisión de Valoración en lugar de asumir cambios unilaterais como outros fixeron. Precisamente a boa praxe sindical caracterizase en negociar de boa fe e con empatía pero ao mesmo tempo defender con asertividade e contundencia as liñas vermellas que non se deben deixar pasar. A pesar de que a Corporación rectificou en parte dándonos a razón, CCOO está estudando cos seus servizos xurídicos a posibilidade de recorrer no contencioso a RPT para evitar que se dificulte a carreira vertical do persoal da Deputación, porque a aprobación definitiva aínda mantén cambios unilaterais que deberían aprobarse no Comité de Valoración. Neste sentido destacar que da proposta inicial aínda manteñen tres xefaturas abertas a persoal doutras administracións.
En relación ao último comunicado de UGT, é rotundamente falso que CCOO propuxese importe algún para ningún posto concreto senón que fixo unha proposta global e equitativa consistente no incremento dun nivel para todas as prazas e incluso máis para os postos máis baixos. Os importes dos niveis os establece o Congreso dos Deputados na lei de orzamentos xerais do Estado. CCOO, ao contrario que outros, leva defendendo a mesma proposta dende fai catro anos, esta proposta consiste nunha valoración sistemática, global e obxectiva que como resultado supón o incremento de ao menos un nivel para todas as prazas que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con salario base e niveis máis baixos ou os que se atopaban desaxustadas con outras similares. Neste sentido cabe destacar que mentres UGT se conforma co incremento dun nivel para as prazas co salario base máis baixo, as Agrupacións Profesionais, CCOO propón un incremento de tres niveis. Queda claro que para agachar os seus graves erros na negociación, UGT está a verter grotescas insinuacións falsas para desprestixiar a CCOO, é dicir que prosegue coa estratexia de difundir fake-news. Alá cada quen...
Ante a falta de argumentos, UGT abandona a senda do debate para dedicarse ao agravio, ao ataque persoal, a retorcer a dialéctica e a construír falsos relatos sobre a proposta de CCOO para a valoración do Complemento de Destino. A ninguén se lle escapa que o último comunicado de UGT excedeu os límites da ética. Só hai que ver o ton das mensaxes que utiliza cada quen para comprobar quen "bota fume". Finalmente, indicar que en CCOO temos a suficiente profesionalidade e consideración co persoal da Deputación como para non baixar ao barro e participar deste patético espectáculo.