Boletín de novidades de agosto
Consulta todas as novidades que entraron na Biblio e na EbiblioDaCoruna durante o mes de agosto.

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de agosto de 2022. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na sección de adultos, fonoteca, biblioteca xuvenil e tamén na EbiblioDaCoruna.
Para levar en préstamo é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntando ao Servizo de Información da Biblioteca.
Para acceder ós contidos dixitais, é preciso estar de alta na EbiblioDaCoruna. Se es usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico.
- Aquí tes o boletín da EbiblioDaCoruna deste último mes:
- Le aquí o boletín completo con todas as novidades que entraron a formar parte do noso catálogo no último mes: