Club da Raíña Lupa
Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das súas autoras e autores
'Non hai idade, hai literatura'
Nace un club de lectura ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca Provincial da Coruña, ás 18 h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro.
Segundo o calendario de lecturas o 28 de outubro estaremos con Ledicia Costas con "O neno de lume" e con Manuel Rivas con "A nena lectora".