CCOO presenta recurso á RPT no Contencioso
CCOO foi a única central sindical que rexeitou ás modificacións arbitrarias da RPT, incluída a apertura de xefaturas de servizo e sección a outras administracións. De feito, as alegacións de CCOO, que foron aceptadas parcialmente, conseguiron reducir o impacto negativo da modificación da RPT
A Sección Sindical de CCOO prosegue a súa cruzada en solitario na defensa da promoción vertical do persoal da Deputación que se veu recortada coa aprobación da última modificación da RPT.
Desgraciadamente, CCOO foi a única central sindical que rexeitou ás modificacións arbitrarias da RPT, incluída a apertura de xefaturas de servizo e sección a outras administracións na mesa de negociación celebrada o 23 de febreiro de 2022. Lembramos que na devandita mesa fomos os únicos que votamos en contra de que se modifiquen as condicións de diversas prazas saltándose á Comisión de Valoración de Postos de Traballo. Avisamos que no caso de que o Pleno aprobase inicialmente a dita modificación de RPT, presentaríamos alegacións e así o fixemos porque cumprimos co que dicimos.
De feito, as alegacións de CCOO, que foron aceptadas parcialmente, conseguiron reducir o impacto negativo da modificación da RPT na súa aprobación plenaria definitiva. Deste xeito conseguimos evitar parte dos aspectos negativos da RTP e obrigamos á Corporación a tratar as modificacións das condicións do persoal na Comisión de Valoración en lugar de asumir cambios unilaterais. Precisamente a boa praxe sindical caracterizase en negociar de boa fe e con empatía pero ao mesmo tempo defender con asertividade e contundencia as liñas vermellas que non se deben deixar pasar.
CCOO recorre no contencioso a RPT na defensa da profesional vertical do persoal da Deputación, xa avisamos que a pesar de que a Corporación rectificou en parte dándonos a razón, non o considerabamos suficiente xa que en relación a dita modificación da RPT aínda quedaban abertas a outras administracións dúas xefaturas de servizo e unha de sección. Por tanto, acudimos á xustiza para tratar de reverter a dita situación porque entendemos que o persoal da Deputación ten máis que demostrada a súa capacidade, experiencia e coñecementos como para non ser necesario "fichar" persoal doutras administracións. Por iso defendemos que as xefaturas e postos de responsabilidade na Deputación sexan ocupados por persoal da casa.
Finalmente, indicar que no día de onte celebrouse Mesa Xeral de Negociación na que se aprobaron os criterios e bases xerais de estabilización co voto favorable de CCOO, asemade indicar que a Corporación convocou para o vindeiro xoves día 6 de outubro unha nova mesa de negociación para aprobar as bases específicas de ditos procesos de estabilización.